Hemeroteca celtismo

Celta-Rayo: merca as túas entradas para o regreso da Liga a Balaídos

RC Celta

orellana-trashorras-celray-1415.jpg

Os celestes reciben ao cadro rayista o sábado 29. Entradas por tan só 15€ para afeccionados Sub-25

 

A liga regresa a Balaídos o vindeiro sábado 29 de agosto ás 22h. O Celta recibe na xornada 2 ao Rayo Vallecano, conxunto ante o que os celestes asinaron un espectacular 6-1 na súa última visita ao estadio vigués.

 

Os afeccionados poden adquirir entradas para a bancada de Tribuna por 40€ ou para Gol por 20€, un custo que no caso desta bancada redúcese a tan só 15€ para os celtistas Sub-25. Os abonados poderán acceder á súa bancada correspondente presentando no acceso do estadio o seu carné en vigor.

 

Os despachos de billetes do estadio permanecen abertas de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, mentres que o día do partido despacharán entradas desde as 10 até o inicio do choque de maneira ininterrompida. Os billetes tamén poden adquirirse a través da plataforma online www.celtavigo.org/taquillaCelta en calquera momento do día.

 

O club anima a todos os celtistas a asistir ao primeiro partido de Liga en Balaídos para, desde o inicio da competición, apoiar ao equipo vigués coa mesma paixón coa que o fixeron durante as últimas tempadas. A extraordinaria comuñón entre club, equipo e afección seguirá sendo un dos alicerces básicos para a consecución dos obxectivos da entidade.

 

celta-rayo.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas