Hemeroteca celtismo

Celta-Sevilla: entradas a prezos reducidos

RC Celta

precios050515.jpg

Entradas a 15€ para as bancadas de Marcador e Gol en categoría ADULTO e 10€ para Sub-25

 

O RC Celta recibe este domingo en Balaídos ao Sevilla FC (21:00h), semifinalista da Europa League 2015. Os celestes manteñen as esperanzas de alcanzar a sétima praza da clasificación, unha posición que podería dar o pasaporte a competición europea a próxima campaña. O atractivo do partido vese incrementado por outra circunstancia. Dous canteiráns célticos e ex xogadores do club vigués, Iago Aspas e Denís Suárez, regresan á que foi a súa casa vestindo agora a camiseta sevillista.

 

O Celta mantén os prezos económicos que anteriores partidos, con entradas a tan só 15€ para as bancadas de Gol e Marcador, un custo que se reduce a 10€ no caso dos afeccionados Sub-25. Os billetes para Tribuna teñen custan 40€.

 

As entradas poden adquirirse este venres na oficina de abonados de 10 a 14 e de 17 a 20h, o domingo nos despachos de billetes desde as 10 ata o inicio do partido ou as 24 horas do día na plataforma online www.celtavigo.org/taquillaCelta. O sábado a oficina de abonados e os despachos de billetes permanecerán pechados.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas