Hemeroteca celtismo

Celta-Sevilla: entradas á venda hoxe na oficina de abonados e o sábado nos despachos de billetes

RC Celta

celta-sevilla_1314_rosendo.jpg

Este venres, día da Reconquista de Vigo e festivo local, os billetes poden adquirirse na web

 

As entradas para o partido deste sábado ante o Sevilla (Balaídos, 18.00 horas) manteñen os prezos habituais ao longo de toda a tempada. Hoxe xoves os billetes poden adquirirse na oficina de abonados, mañá só a través do portal online debido ao festivo local e o sábado nos despachos de billetes do estadio.

 

O Celta recibe ao Sevilla no mellor momento dos andaluces. Será un partido de máxima esixencia no que o apoio da afección volverá ser determinante para conseguir tres puntos que poden supor un gran avance para os celestes de cara a cumprir o obxectivo da permanencia.

 

Os prezos en categoría sub-24 oscilan entre os 15 e os 25 euros e para adulto entre 25 e 50 euros. As entradas están á venda nas oficinas de abonados do club até hoxe xoves en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, mentres que o día do partido poden adquirirse nos despachos de billetes do estadio de 10.00 a 18.00 horas. O venres, día da Reconquista de Vigo e festivo local, os despachos de billetes e oficinas de abonados permanecerán pechadas.

 

Os billetes tamén están dispoñibles as 24 horas do día nos despachos de billetes online: www.celtavigo.org/taquillaCelta.

 

 

ENTRADAS

ADULTO

SUB 24

TRIBUNA

50

NON DISPOÑIBLE

RÍO ALTO

40

25

RÍO BAIXO

40

25

PREFERENCIA

35

15

GOL

25

15

MARCADOR

25

15

FONDO

NON DISPOÑIBLE

NON DISPOÑIBLE

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas