20251217_FirmaConvenio_UniversidadDeVigo,Metrodora-11
Novas club

Celta, Universidade de Vigo e EUSES-Vigo reforzan a súa alianza para impulsar Celta360

RC Celta

O Celta e a Universidade de Vigo formalizaron un novo acordo de colaboración no marco do proxecto Celta360, consolidando unha relación que une deporte, educación, investigación e comunidade. Esta iniciativa desenvolverase da man de EUSES Vigo, pertencente ao grupo metrodora, que xa participa na dimensión académica do proxecto, e que terá como obxectivo axudar a ofrecer unha formación universitaria de calidade en unhas instalacións de vangarda. Con esta alianza, Celta360 non só ampliará o seu impacto formativo, senón que tamén contribuirá ao desenvolvemento deportivo, tecnolóxico e comunitario da rexión, construíndo un espazo onde aprendizaxe, investigación e deporte se reforcen mutuamente para o beneficio de todos.

O convenio establece que o Celta, a través de Celta360, colaborará coa Universidade de Vigo para promover actividades conxuntas en educación, investigación e desenvolvemento comunitario. O acordo formaliza a adscrición do proxecto á Universidade, o que permitirá que, unha vez autorizadas polas autoridades competentes, se impartan ensinanzas conducidas á obtención de títulos oficiais expedidos pola Universidade de Vigo. Ademais, ambas as partes traballarán en programas de investigación e organizarán seminarios, conferencias e obradoiros, compartindo instalacións, laboratorios e recursos bibliográficos segundo as necesidades académicas, nunha colaboración que pon en valor a importancia da Universidade de Vigo como centro de coñecemento e que reforza a aposta do club pola formación e o desenvolvemento integral das persoas.

Marián Mouriño, presidenta do Celta, subliñou que desde o club están “moi contentos por acadar este acordo entre as tres partes: metrodora, coa súa ampla proxección nacional e internacional, a través de su centro universitario EUSES; e a Universidade de Vigo, que aporta ese selo de calidade que queremos garantir en todo o que ofrecemos. Tres institucións serias unidas nun proxecto formativo de gran relevancia para Galicia“. Pola súa banda, Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, tamén sinalou que están “moi ilusionados con este novo acordo. É un orgullo e unha alegría colaborar da man do Celta. Hai non moito tempo tivemos un para o desenvolvemento das escavacións arqueolóxicas que se realizaron aquí, e agora estamos sentando as bases para un centro adscrito no que se impartirá docencia que será moi complementaria á que ofrece a Universidade de Vigo, cun alto nivel de calidade e utilidade para a sociedade“. Así mesmo, Jordi Roche, presidente de Metrodora, valorou esta colaboración como “un paso importante, xa que esta relación permitirá formar a futuros profesionais —en los ámbitos de la tecnología digital, del deporte y la salud— que acheguen un valor engadido non só ao Celta, senón tamén ao territorio. Trátase dun proxecto de alto nivel formativo, coa vocación de xerar coñecemento que impulse aínda máis o desenvolvemento de Vigo e o seu contorno“.

Este acordo reforza o compromiso do Celta coa excelencia educativa e social, aliñándose cos valores de Celta360, un proxecto integral que aspira a ser un referente en deporte, saúde, sustentabilidade e innovación, xerando emprego, fomentando a investigación e ofrecendo formación especializada que conecte o mundo académico coa práctica profesional.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas