Hemeroteca celtismo

Cinco grupos e artistas vigueses porán banda sonora á celebración do regreso a Europa

RC Celta

pzaamericaascenso

 

O Celta prepara unha celebración ao grande para este domingo coincidindo co último partido que acolle Balaídos esta tempada. Será o colofón a unha campaña histórica na que o equipo conseguiu regresar a competicións europeas dez anos despois.

 

Tras o choque ligueiro ante o Málaga e unha última actividade sorpresa en Balaídos, equipo e afección desprazaranse ao tradicional punto de reunión do celtismo, Praza de América, onde haberá actuacións musicais desde as 19:30 horas. Banda de Nash será a encargada de inaugurar o escenario con versións de grupos pop-rock internacionais como The Rolling Stones ou The Beatles. A continuación será a quenda de Teo Cardalda, que interpretará temas de Golpes Baixos e Cómplices e, sobre as 20:15, o cantante pop Amaro Ferreiro amenizará á afección celeste antes da chegada do plantel céltico ao lugar de celebración.

 

Xogadores e corpo técnico faranse co protagonismo dos festexos despois deste primeiro bloque de concertos e, a partir das 21:30, a festa pecharase coa actuación dos vigueses Miguel Costas e Aerolíneas Federais. Como broche a unha intensa xornada de celebración, Praza de América vibrará coa interpretación do Miña Terra Galega e o Himno do Celta a cargo de Miguel Costas e Teo Cardalda.

 

Esta é tan só unha parte das actividades, eventos e sorpresas que o Celta preparou para a emocionante xornada do domingo. O club anima a todos os afeccionados a ser partícipes desta cita, na que equipo e celtismo brindarán por unha espectacular tempada na que o papel da afección volveu a ser fundamental.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas