logo-clinica-celta-vigo-sede-principe-deporte.jpg
Celtismo

Clínica RC Celta: a mellor atención en medicina deportiva estará en ‘A Sede’

RC Celta

A nova sede do RC Celta, A Sede, albergará unha clínica aberta a todos os públicos. A Clínica RC Celta ofrecerá a mellor atención en fisioterapia e traumatoloxía, así como noutros servizos vinculados á medicina do deporte (cardiología, nutrición, rehabilitación personalizada…). Baixo a dirección do Dr. García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta e médico da Selección Española, a Clínica RC Celta contará cos mellores profesionais do sector para atender e solucionar con garantías calquera caso, tanto de deportistas como de calquera outro tipo de paciente.

 

A Sede

O RC Celta, a súa afección e Vigo vivirán durante o próximo mes de marzo un acontecemento histórico, a inauguración da nova sede social do club, situada na rúa do Príncipe, no corazón de Vigo, nun emblemático inmoble que se converterá na casa do celtismo. Este evento terá lugar o día 17 do próximo mes de marzo, unha data que sen dúbida pasará á historia do club, xa que a nova sede social é un dos grandes alicerces do proxecto de futuro da entidade e á vez un poderoso impulso ao presente.

Todas as novidades e detalles na web asede.rccelta.es e nas contas oficiais de A Sede en twitter, facebook e instagram.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas