Cores de especial significado para o celtismo, os da cidade -branco e vermello- confluíndo no celeste; deseño moi atractivo con pescozo lixeiramente aberto simulando un polo, a tecnoloxía máis Premium de Adidas… Espectacular. O RC Celta pon a á venda na súa tenda online, https://shop.rccelta.es , a segunda equipación da tempada 2021/22, que sen dúbida vai levantar paixóns.
O spot realizado por Celta Media que acompaña ao lanzamento, cuxo lema é #CeltismoPorBandeira, reflicte os valores que atesouran esas cores: a afouteza e corazón da celeste e os acenos de identidade da cidade: esforzo, tesón, sacrificio… Foi rodado nun asteleiro da cidade cos seus traballadores como protagonistas, que encarnan á perfección as virtudes do RC Celta e de Vigo: traballo, orgullo, tradición.
Esta camiseta de Adidas, inspirada na bandeira de Vigo con detalles en celeste, mostra un deseño bicolor xogando coas asimetrías nas mangas e as bandas e está confeccionada cun tecido técnico con 100% de poliéster reciclado para reafirmar o compromiso do club e Adidas coa sostenibilidade e o coidado do medio ambiente.
Ofrece ademais a tecnoloxía máis Premium de Adidas, AEROREADY, que permite que o deportista goce en todo momento das mellores condicións sen que a suor interfira no seu rendemento.
Esta camiseta para os partidos como visitante pode adquirirse xa online na web oficial do club: https://shop.rccelta.es e estará dispoñible nas tendas oficiais do RC Celta en próximas datas.
Ademais, como ocorre coa primeira equipación, cada camiseta é única grazas a un código QR que non só garante a súa autenticidade, senón que ofrecerá a cada afeccionado que o active numerosas vantaxes e sorpresas exclusivas.