O RC Celta pon en marcha este venres ás 10.00 horas nas billeteiras e en www.haimotivos.rccelta.es a campaña de abonados anuais para o ano 2019, que inclúe as numerosas novidades e vantaxes propostas a principio de tempada encamiñadas a multiplicar o apoio ao equipo..
O club mantén, de xeito extraordinario e con motivo da conmemoración do 95 aniversario do nacemento do club, a supresión da cota de alta para os novos abonados.
Ademais, os prezos mantéñense e o club crea o carnet Miudiño, gratuito para os nenos menores de 5 anos fillos de abonados
Outra das grandes novidades radica no esforzo realizado para facilitar a tramitación das renovacións e altas, que poderán realizarse online. Ademais, as renovacións tamén se poderán tramitar en calquera dos numerosos caixeiros da rede de oficinas de Abanca. Nestes dous casos e na oficina de abonados, con data límite do 31 de decembro, aplicarase un desconto do 5 por cento sobre o prezo do carné, acumulable aos habituais, familiar, accionista e asistencia, ata un máximo do 15 por cento. O desconto do 5 por cento aplicarase tamén ás altas online ata a data sinalada. Ademais, as altas e as renovacións tramitadas nas anteriores condicións estarán exentas do pago de suplemento nos días do club.
Esta campaña de abonados, a máis ambiciosa e con condicións máis novedosas das realizadas polo club nos últimos anos, propón melloras tamén na grada de animación, na que non haberá límite de idade.
Como en anteriores campañas, ofreceranse ventajosas condicións para financiar os carnés con gran flexibilidade.