Hemeroteca celtismo

Comeza a campaña de abonados da tempada 2013-2014

RC Celta

campaña_abonados.jpg

p>

As renovacións contan cunha rebaixa sobre os prezos fixados o ano pasado para Primeira División

 

 

O Real Club Celta pon en marcha este venres a campaña de abonados para a tempada 2013/2014, a segunda consecutiva na máxima categoría do fútbol español. Entre os aspectos máis destacados, a dispoñibilidade de asentos en bancadas económicas como Gol ou Preferencia e a ampliación nun ano do carné xove. Pero sen dúbida a medida máis importante é o desconto co que o club quere premiar aos celtistas que durante a pasada tempada, xornada tras xornada, apoiaron incondicionalmente ao equipo en Balaídos. Os abonados que renoven o seu carné antes do 15 de xullo gozarán dunha rebaixa do 10% sobre os prezos establecidos a tempada pasada para Primeira División, xa entre os máis baixos da categoría, un desconto acumulable ás vantaxes de “Accionistas” ou “Familiares” até un máximo aplicable do 20%.

 

 

Desde este mesmo venres xa se poden tramitar renovacións e altas nas oficinas de abonados situadas nos baixos do Estadio de Balaídos. Estes trámites tamén poden realizarse online as 24 horas do día de maneira rápida e sinxela a través da páxina web oficial: www.celtavigo.org/abonosCelta

 

Tras premiar a tempada pasada aos abonados mantendo as condicións de Segunda Divisón, cun prezo conxelado durante cinco anos e un 15 por cento de desconto sobre o prezo de Primeira, os prezos iguálanse agora aos que se estableceron para a pasada tempada cun 10 por cento aplicable a toda a masa social. Estes prezos conxélanse para a 2013/2014, coa excepción do 3 por cento de IVE aplicable desde o mes de setembro do pasado ano, unha medida que volve deixar ao Real Club Celta entre os clubs cos abonos máis económicos da categoría, máis aínda cos descontos aplicables.

 

precios_abonos_13-14.jpg

 

 

Entre as novidades destaca a ampliación nun ano do carné novo, que agora será sub-24, co fin de acompañar nesta nova tempada en Primeira División aos abonados que avanzarían desde a categoría sub-23 e propiciar altas neste tramo de idade.

 

Tras a renegociación de diversos convenios e acordos, o club pon ademais a disposición dos afeccionados un número limitado de abonos en bancadas máis económicas: Gol e Preferencia, que desta maneira presentarán un mellor aspecto e contribuirán a multiplicar o apoio ao equipo nos partidos da próxima campaña.

 

O club repite ademais unha iniciativa encamiñada a premiar aos abonados e afeccionados que desexen tramitar os seus carnés con prontitude. Aqueles que renoven ou se dean de alta antes do día 15 do próximo mes de xullo non pagarán suplemento nos partidos designados como de Día do Club.

 

O carné de abonado tamén trae novidades estéticas. Con motivo do 90 aniversario do club, deseñouse un logotipo conmemorativo, protagonista no abono xunto ao estadio de Balaídos e a afección celeste.

 

Haberá grandes facilidades de pago a través do cartón comercio e crediventa e, como novidade, tamén Visa. Os que opten por fraccionar o seu abono poden facelo até seis meses sen intereses ou en nove e doce cun pequeno cargo.

 

A campaña inclúe os habituais descontos a accionistas e familias. Os abonados cos carnés domiciliados recibirán o cargo antes do día 15 de xullo.

 

A cota de alta será de 85 euros para a categoría adulto e de 45 euros para o resto.

 

Condiciones_abonos_13-14_ok.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas