Hemeroteca club

Comeza a conta atrás do excepcional España-Alemaña de Novembro

RC Celta

visita-rfef-190814.jpg

Unha delegación da RFEF visitou o club e Balaídos para comezar xa cós preparativos do encontro

 

Unha delegación da Federación Española de Fútbol, formada por responsables de todas as áreas deste organismo, visitou hoxe ao Real Club Celta para comezar xa a posta en marcha da organización do fantástico partido que se disputará o día 18 de novembro en Balaídos entre as seleccións de España e Alemaña, anterior e vixente campións do mundo.

 

Os representantes da RFEF mantiveron ao longo da xornada diversas reunións de traballo con responsables do club e visitaron o Estadio de Balaídos para comezar xa cos preparativos dun encontro excepcional entre dous campións do mundo, un espectáculo irrepetible para os afeccionados ao fútbol.

 

Tanto a Federación como o Real Club Celta esperan que este partido constitúa un gran éxito e o Estadio de Balaídos rexistre un cheo absoluto para arroupar á Selección Española ante o actual campión do mundo. Este encontro será ademais a reedición da final da Eurocopa do ano 2008, na que España se proclamou campioa ao derrotar ao conxunto xermano por un gol a cero e iniciou unha etapa de éxitos históricos.

 

O último enfrontamento entre ambas as seleccións data do ano 2010 e foi nada menos que a semifinal do Campionato do Mundo de Sudáfrica. O combinado nacional superou ao seu rival por un gol a cero e finalmente alcanzaría por primeira vez na súa historia o título de campión.

 

 


 

VÍDEO EN CELTA TV


 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas