Hemeroteca club

Comeza a conta atrás para que o Celta se instale no corazón de Vigo

RC Celta

a.jpg

 Un dos proxectos máis importantes e ilusionantes para o Real Club Celta e a súa afección, de enorme valor tamén para a cidade, vai tomando forma. Hoxe comezaron as obras de remodelación na nova sede do club, situada no corazón de Vigo, no emblemático edificio que albergou a outra entidade histórica da cidade, o Círculo Mercantil.

Tras a adquisición do inmoble durante o mes de abril do pasado ano, unha data sen dúbida histórica para o celtismo, e a aprobación da pertinente licencia de execución, comezaron xa unhas obras que moldearán durante os próximos meses un edificio que se converterá en referente para a cidade, o deporte e a afección celeste.

A nova sede do club ofrecerá aos cidadáns diversos servizos de gran calidade nunha localización inmellorable. O edificio acollerá unha tenda oficial do RC Celta (adidas), diversos espazos dedicados a restauración, salón de actos multiusos, clínica do deporte, residencia para as categorías inferiores e oficinas de club e Fundación e converterase sen dúbida en punto de encontro para o celtismo.

A adquisición da nova sede é un fito histórico para o club, que dispón dun patrimonio de gran valor e avanza con paso firme na consolidación dun proxecto que garanta un futuro sólido e ilusionante para a entidade.

d.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas