Hemeroteca celtismo

Comeza, con moitas novidades, a campaña de abonados do Celta para unha ilusionante tempada

RC Celta

ARTICULO WEB 1300x740

 

A campaña de abonados 2016/2017, que arrinca este venres e foi presentada hoxe pola directora de Mercadotecnia do club, Maruxa Magdalena, ofrece numerosas novidades con respecto a anteriores tempadas, algunhas delas moi significativas. Por primeira vez, o carné pódese financiar até 12 meses, sexa cal for a entidade bancaria do abonado, cunhas condicións extraordinarias, sempre que o cargo non sexa inferior a 30 euros ao mes.

 

Outra das novidades é que o abonado poderá aprazar o primeiro dos pagos do financiamento até 59 días, é dicir, comezaría a pagar o seu carné dous meses despois de tramitalo.

 

Os abonados que renoven até o 30 de xuño terán un 5 por cento de desconto e non deberán retirar suplemento os días do club, un mínimo de tres. Os novos abonados até ese día tampouco pagarán recarga algún os días do club e a cota de alta será de 90 euros en categoría adulto e 50 para o resto.

 

Mantéñense ademais os descontos habituais, do 10 por cento, para accionistas e familias até un máximo acumulable do 15 por cento.

 

Esta tempada haberá dous tipos de abono, Básico e Total. O primeiro é válido para os partidos de Liga e Copa, mentres que o Total inclúe ademais a Europa League, cun mínimo de tres partidos garantidos que poderían chegar até sete. O prezo de despacho de billetes dun só partido europeo será superior ao que pagará un abonado ‘total’ por asistir á Europa League ao completo.

 

Para facilitar e axilizar renovacións e altas, na zona de despachos de billetes haberá un mínimo de dúas persoas que ofrecerán unha completa información e resolverán as dúbidas que poida ter os seguidores celestes sobre calquera aspecto da campaña.

 

Outra das iniciativas novas é que por primeira vez habilitarase atención telefónica ao abonado, cun número específico no que poderán realizar todo tipo de consultas. Ademais, crearase na web un microsite cunha completa información sobre tofos os aspectos da campaña.

 

Nova bancada de Tribuna

 

Esta tempada, Balaídos estreará a nova bancada de Tribuna Alta, que perde 1200 asentos con respecto á anterior e contará con numerosas melloras estruturais, novos accesos e corredores máis amplos, cantinas e baños renovados etc. Nesta bancada e debido á redución de asentos non se poderán realizar altas e tramitaranse exclusivamente renovacións. A configuración da nova bancada obriga á recolocación da totalidade dos abonados, que se moverán o menos posible con respecto á súa actual localización.

 

A nova bancada de Tribuna Baixa (anterior Preferencia), sen dúbida una das mellores do estadio, terá novos prezos, pero non se aplicarán esta tempada aos actuais abonados, senón que a actualización realizarase de maneira gradual durante o tres próximos anos, incluído o actual.

 

A campaña de abonados 2016/2017 vira contorna a unha mensaxe: Ensinémoslles ao mundo o significado de Afouteza. Esta palabra, estreitamente vinculada ao Celta e ao celtismo, será o eixo dunha campaña que comeza este venres.

 

O horario dos despachos de billetes de Balaídos será até o 30 de xuño de 9.00 a 20.00 de maneira ininterrompida, no mes de xullo de 9.00 a 15.00 e en agosto de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas