Hemeroteca club

Compromiso e comportamiento modélico do celtismo en Riazor e Balaídos

RC Celta

celtismoenriazor1415.jpg

O club celebra a conducta de ambas aficcións nun derbi que foi unha gran festa para o fútbol galego

 

Nunha xornada cargada de tensión e emoción, a afección do Real Club Celta volveu demostrar a súa fidelidade, compromiso e apoio. Pero sobre todo, volveu deixar patente un comportamento exemplar, a súa inigualable capacidade para animar sen desmaio con absoluto respecto ao rival e aos seus seguidores. Por iso, o club quere unha vez máis expresarlle o seu agradecemento e reiterar que o Real Club Celta séntese enormemente orgulloso da afección celeste, incansable no apoio e respectuosa nas vitorias e nas derrotas. O club quere ademais manifestar a súa satisfacción polo gran ambiente e a sa rivalidade reinantes nun derbi que, grazas á boa conduta de ambas afeccións, foi unha gran festa para o fútbol galego.

 

A afección céltica viviu con paixón o derbi en Riazor e en Balaídos, nun exitoso evento organizado polo club. En ambos lugares, o celtismo exhibiu un comportamento modélico, que unha vez máis chea ao club de orgullo e alegría. O milleiro de afeccionados que acudiron á Coruña para presenciar o partido en Riazor apoiaron de maneira incansable ao equipo durante os 90 minutos, con forza e intensidade, pero tamén con respecto.

 

En Balaídos, foron máis de dous mil os seguidores que presenciaron o partido e participaron na festa organizada polo club. A súa presenza serviu para apoiar á Fundación Celta de Vigo e demostrar que o celtismo está totalmente comprometido coa entidade e co equipo.

 

O derbi foi verdadeiramente unha gran festa para o fútbol galego e a afección celeste, nas súas dúas citas, combinou de maneira exemplar paixón, entrega e saber estar. Unha vez máis: #OrgullososDosNosos

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas