O RC Celta recibiu hoxe os informes municipais que garanten, segundo manifesta o Concello, a seguridade das bancadas de Gol e Marcador do Estadio ABANCA Balaídos. Polo tanto, o Concello autoriza ao club a abrir con normalidade ambas bancadas para os partidos que o RC Celta xogue como local.