- O RC Celta non participa en disputas políticas agravadas por un xornal e aclara que efectivamente a Xunta de Galicia propúxolle un macroconcerto en Abanca Balaídos ao que o club contestou afirmativamente.
- Neste sentido reiteramos o noso apoio e intención de celebrar macroconcertos en Abanca Balaídos en beneficio da cidade, provincia e comunidade autónoma, como foron no seu caso os que queriamos coorganizar de U2 e Maná e que foron denegados.
- O RC Celta manifesta que solicitou ao Concello de Vigo no último mes e en dúas ocasións a posibilidade de celebrar actividades e concertos en Abanca Balaídos e aclara que a día de hoxe non tivo ningún tipo de contestación.
- Isto supón evidentemente a perda de potenciais grandes artistas e grupos, os cales van pechando as súas axendas.Isto convídanos a pensar que unha vez máis non se contará co apoio municipal para celebrar actos oficiais en Vigo. Lamentablemente verémonos obrigados a acudir fóra de Vigo a celebrar eventos relacionados co club.
- O RC Celta asinou acordos co Concello de Vigo e coa Xunta de Galicia sempre que fosen favorables para o club e de interese para a afección e cidadanía, lembrando a comida no Pazo dos Escudos coa presenza das dúas institucións e que marcaba un antes e un despois na historia do club, e que finalmente foi incumprido polo Concello de Vigo.