escudo celta comunicado new
O Club

Comunicado do RC Celta sobre a Cidade Deportiva Afouteza

RC Celta

 

O RC Celta quere manifestar, ante a resolución do Xulgado número 3 do Contencioso da provincia de Pontevedra concernente a parte do edificio da Cidade Deportiva Afouteza, o seguinte:

O club acata e respecta ao máximo, como sempre fixo, as decisións xudiciais.

O club está firmemente convencido de que en todo momento actuouse, e se seguirá actuando ata lograr a totalidade do proxecto en Afouteza, respectando co máximo rigor a legalidade vixente e considera que, sen, ningún tipo de dúbida, a Cidade Deportiva cumpre de xeito escrupuloso coa normativa urbanística aplicable.

A sentenza que ditamina a revisión da licenza dos campos e a anulación dos vestuarios baséase nunha cuestión de forma sobre a vía de concesión dos permisos e non cuestiona que as obras sexan totalmente compatibles e autorizables urbanísticamente. O Concello de Mos presentará recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia. Esta sentenza non afecta en absoluto a actividade deportiva que se desenvolve en Afouteza.

 

 

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas