escudo_grande.jpg
Hemeroteca club

Comunicado do Real Club Celta

RC Celta

escudo_grande.jpg

Tras examinar a acta arbitral do partido ante o Eibar en Ipurúa, o Real Club Celta recorrerá as tarxetas vermellas mostrada polo colegiado ao capitán celeste Hugo Mallo unha vez concluído o partido e a Sergio Álvarez no banquiño.

O RC Celta considera lamentable e injustificable, máis aló do sancionado no transcurso do partido, xa que ninguén está exento de cometer erros, que no acta non se reflicta o realmente sucedido.

 

Hugo Mallo non chamou en ningún momento “sinvergüenza”  ao colegiado e moito menos pediulle desculpas por ese feito, tal como reflicte a acta redactada polo árbitro.

 

O RC Celta non pode deixar pasar esta actuación arbitral que non se axusta á verdade e recorrerá as tarxetas vermellas mostrada ao capitán e ao porteiro celeste Sergio.

 

Dentro dos valores que propugna este club están o respecto e o bo comportamento e igual que o esiximos aos nosos xogadores tamén debemos facelo con aqueles que integran este deporte. Hoxe a actitude do árbitro principal non estivo acorde co que o fútbol español esixe. 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas