O RC Celta solicita aos organismos competentes que actúen sen dilación para depurar as responsabilidades do presidente da RFEF, Luís Rubiales, unha vez que de maneira pública declinou presentar a súa renuncia ao cargo. O RC Celta considera que polo ben do fútbol español e pola defensa dos valores do noso deporte os organismos capacitados deben actuar o máis axiña posible.