O Celta viviu onte unha xornada histórica cunha merecida e moi meritoria vitoria ante o Olympique de Lyon e o maior desprazamento de afeccionados da historia en competición europea. A brillante e inesquecible clasificación a cuartos de final da UEFA Europa League conviviu, con todo, con diversos feitos absolutamente lamentables que o club quere condenar coa máxima firmeza.
En primeiro lugar, o lanzamento de bengalas na zona acoutada para a afección celeste no Groupama Stadium de Lyon. Este feito, e é necesario, insistir niso, non representa en absoluto ao Celta, á súa afección e aos valores que encarnan ambos. Por iso, o club, ademais de condenar e lamentar este lanzamento de bengalas, fará todo o que este en a súa man para identificar os causantes e tomará as medidas necesarias para que este tipo de accións non volvan repetirse. A entidade celeste púxose en contacto coas autoridades francesas e co Olympique de Lyon para solicitar as imaxes e identificar os afeccionados que lanzaron as bengalas.
Ademais, como xa se fixo hai uns días en circunstancias opostas, o club condena e lamenta profundamente a brutal agresión que sufriron diversos afeccionados célticos nas rúas de Lyon unha vez finalizado o partido. Por fortuna, todos eles puideron regresar xa a Vigo. O Celta confía en que a autoridades locais actúen sen demora para identificar os culpables.