Comunicado do club ante a suspensión cautelar das emisións de fútbol no portal ‘Rojadirecta’
O Real Club Celta desexa mostrar a súa conformidade coa orde emitida no día de hoxe polo Xulgado Mercantil nº 11 de Madrid para cesar de inmediato as emisión ilegais de partidos da Liga a través do portal web ‘Rojadirecta’. O club vigués posiciónase totalmente en contra da piratería de contidos dixitais, un grave problema que dana ao fútbol e polo tanto tamén ao Real Club Celta.