vallecas
Celtismo

Comunicado oficial sobre as entradas visitantes para o Rayo Vallecano-Celta

RC Celta

Laliga informou hoxe que a bancada visitante do Estadio de Vallecas non cumpre cos requisitos de separación e acceso independente para a afección establecidos polo seu Regulamento Xeral e pola normativa vixente de seguridade, o que impide a súa utilización para a presenza de seareiros desprazados no encontro entre o Rayo Vallecano e o Celta que se disputará este domingo, 21 de setembro, ás 14:00h.

Por tanto, o Rayo Vallecano non pode vender as localidades da devandita bancada, o que obriga ao Celta a proceder coa devolución de todos os tickets. As persoas que adquirisen a súa entrada visitante mediante o club recibirán o reembolso íntegro do importe no mesmo método de pago utilizado para a compra, sen necesidade de realizar ningún trámite adicional.

Desde o Celta lamentamos as molestias ocasionadas e agradecemos, unha vez máis, a intención de toda a afección de acompañar ao equipo.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas