Hemeroteca celtismo

Con máis forza que nunca, ante o Espanyol, himno, bufandeo e unha máxima: #eucreonocelta

RC Celta

eucreo.jpg

O apoio da afección, espectacular todo o ano, será clave no último partido da tempada

 

O xa tradicional recibimiento da afección ao equipo, coreando en primeiro lugar a alineación e cantando despois o himno a capella coas bufandas no alto, debe ser mañá, no decisivo partido ante o Espanyol, máis intenso que nunca. O club anima aos seguidores celestes a que se sumen con gran ímpetu a estas iniciativas que se están convertendo nun aceno de identidade de Balaídos para que o equipo senta desde o primeiro instante a calor da grada.

No último partido da tempada, a afección celeste, impresionante ao longo de toda ao campaña, debe reponder con máis entusiasmo que nunca á solicitude do speaker para que a grada coree a alineación do conxunto céltico. Máis tarde, coincidindo coa saída dos xogadores ao terreo de xogo, os afeccionados cantarán o himno ?a capella? coas súas bufandas celestes alzadas, unha imaxe e un son que resultan emotivas e sobrecogedores en cada encontro e que neste deben ser realmente espectaculares.

Coa axuda e o fiel apoio da afección, o ambiente que presente Balaídos debe ser un elemento crave para lograr a necesaria vitoria ante o Espanyol. E todo edificado sobre unha sólida convicción: #eucreonocelta

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas