Hemeroteca club

Concurso RRSS #CoaMiñaBufanda

RC Celta

 

 

 

1. MECÁNICA

Este concurso vai dirixido a usuarios das redes sociais oficiais do RC Celta en Twitter, Facebook e Instagram.

A participación no concurso implica a aceptación das bases.

 

Para participar:

 

1- Facerse seguidor de polo menos unha das contas do RC Celta: @rccelta_oficial en Twitter, en facebook.com/realclubcelta ou en instagram.com/realclubcelta

2- Enviar unha foto ou un vídeo de non máis de 15 segundos animando ao Celta cunha bufanda do club co hashtag #CoaMiñaBufanda

3- Contabilizaranse todas as respostas, considerando soamente aquelas que se refiran exclusivamente ao tema que se trata. Desestimaranse todas aquelas imagenes ou vídeos que a organización considere inadecuadas.

4- Non poderán obter o premio aqueles que non se fixeron seguidores dunha das contas oficiais antes do venres 19 de febreiro de 2016 ás 12:00.

 

2. SORTEO

 

O sorteo realizarase o día 19 de febreiro unha vez finalizado o prazo entre todos aqueles que cumprisen as normas.

 

3. PREMIO

 

O premio consta de seis (6) entradas dobres para o partido Celta – Eibar do sábado 20 ás 22:05 horas e 12 bufandas que serán entregadas con cada unha das invitacións.

O premio será entregado na porta 0 do estadio a partir dunha hora antes do inicio do encontro.

Os nomes dos premiados serán comunicados desde a páxina web do Real Club Celta (www.celtavigo.net) e nas redes sociais e serán contactados mediante mensaxe persoal a través delas.

No caso de que o premiado non reclame o premio antes de 8 horas desde a publicación, volverase a realizar o sorteo cos participantes.

As imaxes dos participantes serán empregadas para a realización dun vídeo que acompañará dende os videomarcadores ao himno do Celta no estadio de Balaídos na saída de equipo ao terreo de xogo. Participando no concurso se autoriza ao Real Club Celta de Vigo á emisión do video nos videomarcadores de Balaídos así como nas redes sociais oficiais do club. No se emitirán videos con presencia de menores.

 

4. EXCEPCIÓNS

 

Calquera información que non figure nas bases anteriormente descritas, quedará baixo a decisión da organización do concurso.

O premio podería considerarse deserto no caso que a organización o considerase oportuno.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas