
O vindeiro xoves, 16 de abril ás 18.45 horas, Abanca Balaídos ten que vibrar como nunca antes. Xuntos temos que facer da nosa casa unha auténtica caldeira para vivir o partido de volta dos cuartos de final da Europa League entre o Celta e o Friburgo.
É por iso que as entradas xa están dispoñibles no Portal do Celtista, cun período exclusivo de 24 horas para Carné Celtista. A partir de entón, as localidades poñeranse á venda para o público xeneral a través da web oficial do club, así como, nos despachos de billetes do estadio.
Será unha noite moi especial para todos os que sentimos este escudo dentro do peito. Unha noite que pode ser decisiva e que equipo e afección loitarán unidos por un soño en común, seguir deixando pegada en Europa.