Hemeroteca celtismo

Consegue unha das camisetas coas que se venceu en Riazor!

RC Celta

depor.jpg

Ven á xornada de portas abertas deste sábado vestindo a celeste e lévate un premio excepcional

 

O Celta di adeus este sábado á Tempada 2014/2015, unha campaña na que o equipo logrou o seu obxectivo facendo gozar á afección co seu bo xogo e inesgotable entrega. Para celebralo o club preparou unha serie de actividades, como a xornada de portas abertas no estadio desde as 10:00 e ata as 14:00h. Os asistentes poderán visitar o Museo do Celta e, como gran novidade, acceder ao vestiario do primeiro equipo, que xa estará montado e preparado á espera da chegada dos xogadores.

 

Entre todos os celtistas que realicen a visita vestindo unha camiseta celeste oficial do RC Celta de calquera tempada, sortearanse 5 das elásticas utilizadas polo equipo esta campaña na vitoria en Riazor, un premio moi especial e exclusivo cargado de valor histórico e sentimental.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas