16-9
Novas club

Conta atrás para a VIII edición de Pádel Celeste Adeslas 2025

RC Celta

A Fundación Celta presenta a oitava edición de Pádel Celeste Adeslas, un dos torneos de pádel máis esperados do ano. A cita será do 25 de abril ao 3 de maio de 2025, nas instalacións de Twelve Padel Zenter en Vigo.

As inscricións estarán abertas ata o sábado 19 de abril ás 19:59h a través da web oficial do club. O sorteo celebrarase o 20 de abril e os cadros estarán dispoñibles na mesma páxina. Tras isto, todos os participantes poderán recoller o seu Welcome Pack en Twelve Padel Zenter.

Categorías:

Haberá un total de 16 categorías divididas en Feminina, Masculina e Mixta, con divisións de 1ª, 2ª, 3ª, 4ª e 5ª, ademais dunha categoría Inclusiva.

Prezos:

– 25€ para o público xeral

– 23€ para socios de Twelve Padel Zenter, carné celtista en calquera das súas categorías e membros da Fundación Celta

– 3€ de desconto na segunda inscrición

Horarios de xogo:

– Luns a venres: 16:00h – 23:00h

– Sábados e domingos: 9:00h – 23:00h

Festa de clausura:

O torneo culminará cunha gran festa o sábado 3 de maio, tras a entrega de premios aos campións e subcampións do cadro principal e aos campións dos cadros de consolación.

Co respaldo do RC Celta, esta edición promete ser tan espectacular como as anteriores, reafirmando o compromiso do club co deporte máis aló do fútbol. INSCRÍBETE AQUÍ!

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas