O maiúsculo reto de reunir durante o ano do Centenario celeste 100 toneladas de alimentos coa campaña ‘100 Anos – 100 Toneladas”, posta en marcha polo Banco de Alimentos de Vigo, o RC Celta e a Fundación Celta, arrincou días atrás no partido fronte ao Athletic Club coa recollida de máis de 1.500 quilos de viandas. Esta campaña, que incluirá numerosas actividades ao longo de todo o ano, continúa activa para que todos os afeccionados do RC Celta e cidadáns poidan participar cando o desexen.
Os que queiran colaborar con esta iniciativa solidaria, poden depositar alimentos non perecedoiros nos puntos habilitados para iso nas tendas oficiais do club na Sede e en Abanca Balaídos de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas e os domingos de partido na situada no estadio celeste.
Ademais, o club habiltou unha liña telefónica exclusiva para aquelas empresas que desexen participar. Poden chamar ao número de teléfono 666 533 366 de 10.00 a 14:00 horas. As doazóns poderán facelas no Banco de Alimentos, na Avenida de Alcalde Lavadores 102, ou solicitar que sexan recollidas na propia empresa polo Banco de Alimentos.