
Real Club Celta de Vigo, S.A.D.
Por acordo do Consello de Administración do 30 de outubro de 2025 convócase Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de accionistas da sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D. (en diante, a “Sociedade” ou “RC Celta”), que se celebrará no domicilio social sito en Vigo, rúa Príncipe, número 44 (A Sede), Salón Rexio, o día 1 de decembro de 2025, ás 19:00 horas, con posibilidade de asistencia física e voto presencial ou de asistencia por medios telemáticos e voto a distancia dos accionistas ou dos seus representantes, conforme á seguinte
Orde do día:
Primeiro. – Exame e aprobación, se procede, das contas anuais e do informe de xestión individuais da Sociedade, da proposta de aplicación do resultado e da xestión do Consello de Administración correspondentes ao exercicio pechado o 30 de xuño de 2025, xunto co correspondente informe de auditoría. Exame e aprobación, se procede, das contas anuais e do informe de xestión consolidados da Sociedade coas súas entidades dependentes no exercicio pechado o 30 de xuño de 2025, xunto co correspondente informe de auditoría.
Segundo. – Exame e aprobación, se procede, do estado de información non financeira do Grupo RC Celta correspondente ao exercicio pechado o 30 de xuño de 2025, xunto co seu informe de verificación independente.
Terceiro. – Exame e aprobación, se procede, do orzamento para o exercicio 2025/2026.
Cuarto. – Determinación do número de compoñentes do Consello de Administración.
Quinto. – Punto informativo do proxecto Celta 360.
Sexto. – Punto informativo sobre a situación deportiva.
Sétimo. – Rogos e preguntas.
Oitavo. – Redacción, lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión da Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria da Sociedade, ou nomeamento de interventores para a súa aprobación.
Modalidades de asistencia
Dereito de asistencia
De conformidade co previsto nos estatutos sociais, poderán asistir, de maneira presencial ou telemática, os accionistas que acrediten ser titulares de, cando menos, sete accións inscritas ao seu nome, con cinco días de antelación como mínimo á data da xunta, no libro rexistro de accións nominativas da Sociedade. Os titulares de accións en número inferior ao mínimo esixido poderán agruparse para acadar o mínimo establecido; nese caso, os titulares agrupados deberán outorgar representación por escrito e con carácter especial a calquera dos accionistas agrupados, conforme ao previsto na presente convocatoria.
Dereito de información
Os accionistas poderán exercitar o seu dereito de información de conformidade co previsto no Texto Refundido da Lei de Sociedades de Capital e nos estatutos sociais.
Adicionalmente, os accionistas poderán consultar as propostas de acordos formuladas polo Consello de Administración na páxina web corporativa www.rccelta.es, na ligazón https://rccelta.es/grupo-rccelta/xunta-de-accionistas/.
As respostas aos accionistas ou representantes que exerciten o seu dereito de información durante a xunta poderán realizarse no propio acto ou, se o dereito non puidese satisfacerse nese momento, por escrito durante os sete días seguintes.
Documentación disponible
A partir da presente convocatoria, calquera accionista poderá examinar no domicilio social e, de ser o caso, obter da Sociedade, de maneira inmediata e gratuíta, mediante a súa entrega ou envío, os documentos que deben ser sometidos á aprobación da xunta, os informes de xestión individual e consolidado, os informes do auditor sobre as contas anuais individuais e consolidadas e o informe do prestador independente de servizos de verificación relativo ao estado de información non financeira do Grupo RC Celta. Así mesmo, poden consultarse na páxina web corporativa www.rccelta.es, na ligazón https://rccelta.es/grupo-rccelta/xunta-de-accionistas/.
Tarxeta de Asistencia e Delegación
Para os efectos de poder asistir á xunta e/ou delegar a súa representación na mesma, os accionistas deberán obter da Sociedade a Tarxeta de Asistencia e Delegación por calquera dos seguintes medios:
-Solicitándoa de forma presencial nas oficinas do RC Celta, situadas en Vigo, rúa Príncipe, nº 44 (A Sede), no horario de oficina de luns a venres,
-Solicitándoa por correo postal dirixido ao RC Celta, rúa Príncipe nº 44, 36202 Vigo,
-Solicitándoa a través do correo electrónico accionistas@celta.gal, ou
Descargándoa a través da páxina web corporativa rccelta.es, na ligazón https://rccelta.es/grupo-rccelta/xunta-de-accionistas/.
En cumprimento do seu compromiso coa sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente, a Sociedade non enviará a Tarxeta de Asistencia e Delegación impresa aos domicilios dos accionistas. Para maior comodidade destes, a Tarxeta de Asistencia e Delegación estará á disposición dos asistentes no lugar de celebración da xunta, e imprimiranse os exemplares necesarios para a súa entrega a quen a soliciten, se identifiquen e acrediten a súa condición de accionistas con dereito de asistencia.
Representación
Todo accionista que teña dereito de asistencia poderá facerse representar por medio doutra persoa, aínda que esta non sexa accionista. Como excepción, cando o dereito de asistencia se acade por agrupación de accións, a representación deberá recaer en calquera dos accionistas agrupados.
Os accionistas que desexen delegar a súa representación noutra persoa, xa sexa para asistencia presencial ou telemática, deberán cubrir e asinar debidamente o apartado relativo á representación da Tarxeta de Asistencia e Delegación, incluíndo a sinatura do representante, entregándoa ou remitíndoa á Sociedade por calquera dos seguintes medios:
- -Entregándoa de forma presencial, nas oficinas do RC Celta, situadas en Vigo, rúa Príncipe, nº 44 (A Sede), no horario de oficina de luns a venres, acompañada de (1) copia do DNI, TIE ou pasaporte do accionista representado no caso de tratarse dunha persoa física (se o accionista é menor de idade, tamén se achegará copia do libro de familia ou certificación do Rexistro Civil na que conste a súa filiación) e, no caso de que sexa unha persoa xurídica, copia da documentación que acredite a representación da persoa física asinante da Tarxeta de Asistencia e Delegación e copia do seu DNI, TIE ou pasaporte, e (2) copia do DNI, TIE ou pasaporte do representante.
-Remitíndoa por correo postal dirixido ao RC Celta, rúa Príncipe nº 44, 36202 Vigo, acompañada da mesma documentación indicada no apartado anterior.
-Remitindo por correo electrónico, á dirección accionistas@celta.gal e indicando no asunto “XUNTA ACCIONISTAS”, (1) unha copia en formato PDF da Tarxeta de Asistencia e Delegación debidamente cuberta e asinada no apartado relativo á representación, acreditando a identidade do accionista por algún dos seguintes medios: (a) DNI electrónico (DNIe) ou (b) sinatura electrónica baseada en certificado electrónico recoñecido, válido e vixente, e (2) copia do DNI, TIE ou pasaporte do representante.
Así mesmo, as delegacións para asistencia telemática poderán realizarse directamente a través da plataforma https://portales.councilbox.com/rccelta, cubrindo para o efecto os campos requiridos.
A representación é sempre revogable. Para que resulte oponible, a revogación deberá ser notificada á Sociedade nos mesmos termos previstos para a notificación do nomeamento de representante ou doutro modo resultar da aplicación das regras de prelación entre representación, voto a distancia ou asistencia persoal que se prevean no presente anuncio de convocatoria. En particular, a asistencia persoal supón a revogación de calquera delegación, calquera que sexa a data desta. A representación quedará igualmente sen efecto pola perda do dereito de asistencia do accionista.
Posibilidade de participación por medios telemáticos
-
Prazo para a acreditación previa (inscrición). – Os accionistas que desexen asistir á xunta telematicamente poderán inscribirse, por calquera dos medios indicados no punto 1 anterior, ata as 18:00 horas do 1 de decembro de 2025.
Prazo para acreditar representacións. – No caso de asistencia telemática a través de representante, a representación entregada ou remitida por calquera dos medios mencionados no apartado “Representación”, para ser válida, deberá ser recibida pola Sociedade antes das 11:00 horas do día 28 de novembro de 2025.
Plataforma electrónica e sistema de conexión. – A aplicación informática para asistir telematicamente á xunta habilitarase e estará accesible a través do correo electrónico que recibirán para tal efecto os accionistas con dereito de asistencia debidamente inscritos.
A plataforma foi deseñada de maneira responsive, é dicir, adaptada para unha correcta visualización en PCs, smartphones e tablets.Asistencia telemática. – Os asistentes por vía telemática poderán conectarse á plataforma electrónica da xunta indicada no punto 4 anterior o 1 de decembro de 2025, entre as 18:00 e as 19:00 horas, momento de inicio da xunta e da súa retransmisión en directo.
A partir dese momento non se permitirá o acceso á plataforma. Os asistentes conectados poderán seguir a emisión en directo a través do vídeo que se mostrará na mesma.Poderán acceder á plataforma a través do correo electrónico que recibirán para tal efecto antes das 18:00 horas do 1 de decembro de 2025 e, unha vez solicitada e inserida a chave SMS que recibirán nos seus teléfonos móbiles, poderán acceder á xunta.
Dereitos de información, intervención e proposta. – Os accionistas ou os seus representantes que asistan telematicamente poderán exercitar o seu dereito de información de conformidade co previsto no Texto Refundido da Lei de Sociedades de Capital, nos estatutos sociais e na presente convocatoria.
Adicionalmente, os accionistas poderán consultar información para facilitar o seguimento da xunta e indicacións sobre a forma en que o accionista pode exercer os seus dereitos de participación e voto na páxina web corporativa www.rccelta.es, na ligazón https://rccelta.es/grupo-rccelta/xunta-de-accionistas/.
Os accionistas ou representantes poderán pedir a palabra para intervir, solicitar información ou aclaracións e formular propostas de acordos durante o desenvolvemento da xunta.
A efectos dun adecuado desenvolvemento da xunta, agradécese aos asistentes inscritos que desexen intervir no acto que o comuniquen previamente á Sociedade. Dita comunicación poderá facerse:
-
-no momento de inscribirse para asistir á xunta, marcando a correspondente casiña na Tarxeta de Asistencia e Delegación, no apartado de participación telemática, na que poderá indicar o/s punto/s da orde do día sobre o/s cal/es vaia realizar a/s intervención/ intervencións e/ou formulación/ formulacións de proposta/s de acordo/s, ou ben
-
-notificándoo á Sociedade por correo electrónico á dirección accionistas@celta.gal ou por calquera outro medio, desde o momento da inscrición ata as 11:00 horas do día 28 de novembro de 2025, indicando o/s punto/s da orde do día sobre o/s cal/es vaia realizar a/s intervención/s e/ou formulación/s de proposta/s de acordo/s.
En calquera caso, os accionistas poderán, antes da xunta, remitir un correo electrónico á dirección accionistas@celta.gal, que será debidamente atendido. Así mesmo, durante a xunta poderán solicitar intervir nela a través da plataforma.
O asistente remoto que desexe que a súa intervención conste na acta da xunta deberá indicalo expresamente.
Durante a celebración da xunta, os asistentes por vía telemática que se conecten á plataforma electrónica poderán emitir os seus votos en relación con cada unha das propostas que se sometan a votación.
Ao tratar cada un dos puntos da orde do día, exporanse as propostas formuladas que se someterán a votación e habilitarase un período de votación. Cando se habilite a votación, presentaráselles aos asistentes conectados:
-
-O texto das propostas.
-
-As tres opcións de voto: a favor (Si), en contra (Non) ou abstención.
O asistente poderá modificar o seu voto ata que finalice o correspondente período de votación. Unha vez finalizado este, prevalecerá o sentido do voto consignado nese momento.
Co fin de facilitar o exercicio dos dereitos de voto, os accionistas poderán consultar as propostas de acordos formuladas polo Consello de Administración na páxina web corporativa www.rccelta.es, na ligazón https://rccelta.es/grupo-rccelta/xunta-de-accionistas/.
Os accionistas que emitan o seu voto a distancia durante a xunta serán considerados como presentes para os efectos de constitución da mesma. En consecuencia, as delegacións previamente realizadas por eles a favor de asistentes presenciais entenderanse revogadas.
Otras cuestións. – A Sociedade resérvase o dereito de modificar, suspender, cancelar ou restrinxir a xunta xeral, así como os mecanismos de visualización, asistencia, voto, representación e participación electrónicos, cando razóns técnicas ou de seguridade así o aconsellen ou impoñan.
A Sociedade non será responsable dos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse aos accionistas ou representantes derivados da falta ocasional de dispoñibilidade da súa páxina web, así como de avarías, sobrecargas, caídas de liñas, fallos de conexión ou calquera outra eventualidade de igual ou similar natureza, alleas á vontade da Sociedade, que impidan ou dificulten temporalmente a utilización dos sistemas de visualización, asistencia, representación, participación e voto por medios telemáticos, sen prexuízo de que se adopten as medidas que cada situación requira, entre elas, a eventual suspensión temporal ou prórroga da xunta, se fose preciso para garantir o pleno exercicio dos dereitos dos accionistas ou dos seus representantes.
Para os efectos legais oportunos, a asistencia telemática do accionista ou representante será equivalente á asistencia presencial á xunta.
Atención ao accionista. – Para calquera dúbida ou aclaración, quedamos á plena disposición dos accionistas nas oficinas do RC Celta e no número de teléfono (+34) 986 110 900. Así mesmo, os accionistas poderán enviar consultas por correo electrónico á dirección accionistas@celta.gal.
Protección de datos de carácter persoal. – Os datos persoais que os accionistas remitan á Sociedade no marco da xunta xeral, incluídos aqueles datos necesarios para o exercicio ou delegación dos seus dereitos de asistencia, información, intervención, proposta e voto, serán tratados de conformidade co seguinte:
-
Responsable: Real Club Celta de Vigo, S.A.D., con domicilio social en rúa Príncipe nº 44, 36202 Vigo.
-
Finalidade: xestionar o desenvolvemento, cumprimento e control da relación accionarial existente no relativo á convocatoria e celebración da xunta xeral, incluíndo o exercicio ou delegación dos dereitos de asistencia, información, intervención, proposta e voto.
-
Lexitimación: o interese lexítimo dos accionistas e o cumprimento das obrigas legais impostas pola normativa societaria.
-
Destinatarios: empresas e persoas colaboradoras na prestación do servizo, cando sexa necesario e imprescindible para o correcto desenvolvemento das finalidades descritas; Afouteza e Corazón, S.L.U., Galicia Sport 360, S.L.U. e Fundación Celta de Vigo, para fins administrativos internos; Administracións Públicas, nos casos previstos pola lei; rexistros e fedatarios públicos, nos casos establecidos legalmente.
-
Dereitos: o titular dos datos poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos datos, nos termos establecidos na lexislación vixente, mediante o envío dun correo electrónico ao buzón lopd@rccelta.es.
-
Información adicional: para consultar a Política de Privacidade, pódese visitar o sitio web
https://rccelta.es/gl/politica-de-privacidade/
En Vigo, o 31 de outubro de 2025. – A Presidenta do Consello de Administración, Dª María de los Ángeles Mouriño Terrazo.