Hemeroteca club

Convocatoria da Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas

RC Celta

escudo-650x370.jpg

 


 CONSULTA O INFORME ECONÓMICO DA TEMPADA 2014/15 AQUÍ


 

REAL CLUB CELTA DE VIGO, S.A.D.

Convocatoria de Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas

Por acordo do consello de administración de 28 de setembro de 2015 convócase Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas da sociedade REAL CLUB CELTA DE VIGO, S.A.D., a celebrar no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo, sito na Avenida de Beiramar, nº 59, desta cidade de Vigo, o xoves 19 de novembro de 2015, ás 17 horas, en primeira convocatoria, ou o venres 20 de novembro de 2015, ás 19 horas, no mesmo lugar e en segunda convocatoria, con arranxo á seguinte

Orde do día:

Primeiro.- Exame e aprobación, no seu caso, das contas anuais e do informe de xestión, así como da proposta de aplicación do resultado, e censura da xestión do consello de administración, todo iso referido ao exercicio pechado a 30 de xuño de 2015.

Segundo.- Exame e aprobación, no seu caso, do orzamento para o exercicio 2015-2016.

Terceiro.- Nomeamento ou reelección de conselleiros.

Cuarto.- Situación deportiva.

Quinto.- Ratificación da adquisición do inmoble da rúa do Príncipe.

Sexto.- Rogos e preguntas.

Sétimo.- Redacción, lectura e aprobación, no seu caso, da acta da Xunta ou nomeamento de interventores para a aprobación da mesma.

Poderán asistir os accionistas que acrediten ser titulares de, polo menos, sete acciones inscritas ao seu nome, con cinco días de antelación como mínimo á data da Xunta, no Libro Rexistro de Accións Nominativas da Sociedade. Os titulares de accións en número inferior ao mínimo esixido poderán agruparse para alcanzar o mínimo establecido; nese caso, os titulares agrupados deberán conferir representación por escrito e con carácter especial a un calquera dos accionistas agrupados.

A partir da presente convocatoria, calquera accionista poderá examinar no domicilio social e, no seu caso, obter da Sociedade, de forma inmediata e gratuíta, mediante a súa entrega ou envío, os documentos que han de ser sometidos á aprobación da Xunta, o informe de xestión e o informe do auditor de contas.

A fin de evitar molestias innecesarias aos accionistas, quérese deixar expresa constancia de que, con toda probabilidade, a Xunta celebrarase en segunda convocatoria, no lugar e hora indicados no presente anuncio.

Vigo, 9 de outubro de 2015.- O Secretario non Conselleiro do Consello de Administración, Javier Mosquera de Valdivielso.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas