Hemeroteca celtismo

COPA | O Celta pon a disposición dos seus abonados entradas para o partido no Bernabéu

RC Celta

tucu-marcelo-rma-cel.jpg

Os abonados do RC Celta que desexen desprazarse ao Santiago Bernabéu para presenciar o partido de ida dos cuartos de final da Copa do Rei ante o Real Madrid poderán realizar este domingo unha pre reserva de entradas nas taquillas do Estadio de Balaídos. Os abonados celestes, que deberán presentar o seu carnet en vigor, terán á súa disposición entradas para este encontro ao prezo de 25 euros, que deberán abonar no momento de realizar a reserva. As taquillas abrirán este domingo de 10.00 a 16.15 horas. 

As entradas, que son persoais e intransferibles, estarán dispoñibles para aqueles que realicen a pre reserva o vindeiro martes nas propias taquillas de Balaídos.

 

Os abonados que non residan en Vigo poden realizar a pre reserva a través de correo electrónico enviando a súa solicitude a [email protected]. Deberán aportar nome e apelidos número do DNI e data de nacemento e abonar o prezo da entrada a través dunha transferencia.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas