Hemeroteca celtismo

COPA | Os abonados celestes poderán adquirir entradas para Vitoria este sábado e terán autobuses de balde

RC Celta

fotogrupo250117.jpg

 

Os abonados do RC Celta terán á súa disposición desde este sábado nos despachos de billetes de Balaídos as entradas, un total de 670, para o partido de volta das semifinais da Copa do Rei ante o Alavés en Mendizorroza.

 

Cada abonado celeste poderá adquirir, ao prezo de 30 euros, unha entrada presentando o seu carné e DNI e ademais poderá comprar outra achegando a mesma documentación doutro abonado, é dicir, poderán retirar un máximo de dous billetes, un por carné. As entradas son nominais

 

O Real Club Celta porá tamén a disposición dos abonados celestes autobuses gratuítos para acudir a Mendizorroza, unha opción que se lles ofrecerá nos despachos de billetes ao adquirir as entradas. Os autobuses partirán cara a Vitoria o mesmo mércores 8 de febreiro ás 8.00 horas desde a chaira da bancada de Tribuna do Estadio de Balaídos e regresarán ao termo do partido.

 

O horario dos despachos de billetes este sábado será de 10.00 a 20.00 horas de maneira ininterrompida, mentres que o domingo abrirán de 10.00 horas a inicio do partido ante o Real Madrid.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas