Hemeroteca celtismo

COPA | Prezos populares e promocións especiais para despedir o ano ante o UCAM Murcia

RC Celta

wass-john-celpao1617.JPG

 


MERCA AS TÚAS ENTRADAS AQUÍ


 

Balaídos despídese de 2016. O RC Celta disputa o seu último partido do ano o vindeiro xoves 22 ás 20:00 ante o UCAM Murcia, rival nos 1/16 de final da Copa do Rei ao que os celestes venceron por 0-1 no partido de ida. Conseguir a clasificación á próxima eliminatoria copeira sería o broche a un gran ano para os de Berizzo, que continuarían adiante no tres competicións: Liga, Copa e Europa League.

 

O club anima a todos os abonados e afeccionados a acudir a este encontro, non só para empuxar ao equipo cara á vitoria, senón tamén para celebrar xuntos, unidos, o final dun 2016 histórico para o Celta e o celtismo. Ademais de establecer uns prezos de entradas económicos que oscilan entre os 10€ e os 30€ para Adultos e entre 5€ e 20€ para Sub-25, o club repite a promoción do partido ante o Sevilla, de maneira que os nenos e nenas de até 15 anos poderán acceder de balde ao estadio retirando unha invitación nos despachos de billetes. Ademais, como agradecemento á fidelidade dos abonados, estes poderán adquirir 2 entradas para calquera bancada por tan só 10€ (promocións suxeitas á dispoñibilidade de aforamento).

 

As entradas xa están dispoñibles nos despachos de billetes de Balaídos, abertas durante o mes de Decembro de luns a venres en horario ininterrompido de 10 a 20 horas e na web www.celtavigo.org/taquillaCelta.

 

precios191216.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas