A peña celtista “Corvos Celestes” celebrou o seu 25º aniversario rodeados de afouteza, paixón e corazón. Unha celebración moi especial que contou coa presenza de Damián Rodríguez, xogador do RC Celta; Gael Alonso, xogador do Celta Fortuna; e Paula González, xogadora de As Celtas. Autógrafos, fotos, abrazos e moita alegría foron protagonistas nunha tarde para conmemorar un sentimento celeste que nos mantén unidos máis de dúas décadas despois.
Ao evento tamén acudiron outros representantes do club como Sergio Álvarez, conselleiro do RC Celta, David González, Director da área Celtista; e Jonathan Vila, exxogador do RC Celta. Unha acción que destaca o compromiso e a proximidade do RC Celta coa súa afección, fortalecendo os lazos cos miles de persoas que viven e senten con tanto orgullo as cores celestes.