20241214_AsCeltasvsCDVilladeSimancas_Diego_034
Celtismo

Da Madroa a Abanca Balaídos: Servizo especial de Vitrasa este 12 de abril

RC Celta

Vitrasa pon ao dispor do celtismo un servizo especial de transporte con motivo da intensa xornada celeste do próximo 12 de abril, na que se celebrarán dous encontros consecutivos: o partido de As Celtas na Madroa e o do RC Celta en Abanca Balaídos. Co obxectivo de facilitar o desprazamento e asegurar que os afeccionados poidan gozar de ambos os compromisos, organizouse un dispositivo de autobuses que conectará ambos os recintos deportivos.

O servizo comezará co roteiro habitual de subida á Madroa, con saída desde Teixugueiras, 29 (Navia), unha hora e vinte minutos antes do inicio do encontro de As Celtas fronte ao Real Sporting de Gijón B, fixado para as 16:00h.

VITRASA – ITINERARIO IDA 12 DE ABRIL:

Teixugueiras, 29 – Limpiño – VG20 – Porriño – Avd. Castelao – Coruña – Torrecedeira – Gaiteiro Ricardo Portela – Beiramar – Cánovas del Castillo – P. Compostela – Reconquista – P. Sanz – Urzáiz – T. Vigo – J. de la Fuente – Avd. Aeroporto – San Cristovo – Subida a Madroa – Camiño dá Devesa – Campo de fútbol R. C. CELTA.

Unha vez finalizado o partido de As Celtas, entrará en funcionamento un servizo directo especial desde A Madroa a Abanca Balaídos, pensado para que o celtismo poida chegar a tempo ao partido do primeiro equipo fronte ao RCD Espanyol, que dará comezo ás 18:30h.

Con esta iniciativa búscase que o club e afección vivan da man, unha vez máis, outra xornada celeste clave nun momento decisivo da tempada para ambos os conxuntos.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas