Hemeroteca club

Del Bosque presenta en Balaídos o España-Alemania que acollerá o estadio vigués

RC Celta

delbosque-vigo-101114.jpg

O seleccionador nacional agarda “un brillante partido” que faga “disfrutar a toda a cidade de Vigo”

 

O seleccionador nacional, Vicente del Bosque, acudiu esta mañá a Balaídos para presentar o apaixoante España-Alemania que acollerá o estadio vigués o próximo 18 de novembro. Del Bosque, acompañado polo vicepresidente céltico Pedro Posada e o conselleiro Antonio Rosendo, agradeceu ao club vigués “que podamos vir xogar aquí” e en especial a Carlos Mouriño: “Considérolle un dos mellores presidentes do fútbol español. Aí está a posición do Celta”.

 

 

O adestrador da absoluta española agarda “un brillante partido que toda a cidade de Vigo poda disfrutar” e que contará coa presenza de Nolito, atacante celeste que ofreceu un gran rendimento no arranque da campaña: “Incorporamos a Nolito porque está facendo unha boa tempada”.

 

As entradas para o espectacular España-Alemania, as dúas últimas seleccións campionas do mundo, continúan á venda tanto nos despachos de billetes de Balaídos (de luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas), como na plataforma online www.celtavigo.org/taquillaCelta

 

españavsalemania.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas