Os cantantes galegos Roi, Cepeda e Miriam, protagonistas da última edición do programa televisivo Operación Triunfo, ofrecerán este sábado ás 22.30 horas un acústico no Salón Rexio da Sede do RC Celta, un evento íntimo ao que asistirán autoridades, patrocinadores e abonados do club.
Estes últimos, unha ducia, foron seleccionados por sorteo a través dun concurso levado a cabo no twitter oficial da Sede e no que os abonados debían contestar á pregunta: Que supón para ti A Sede e a chegada do RC Celta ao corazón de Vigo?. Entre os abonados participantes, que debían ser maiores de idade, sorteáronse 12 invitacións dobres para o concerto dos cantantes galegos. O club procederá a cotejar cos agraciados a súa condición de abonado e a acreditar tanto os seus datos como os dos seus acompañantes. Parabéns aos premiados!
Abonados gañadores
1- @RocyVg
2- @pcdearbo
3- @Ana_Ledo_
4- @Sara_Lago_
5- @Rubensevi3
6- @antiia_sb
7- @isma_freire
8- @paiper83
9- @iagomt
10- @Jairo_Lost
11- @Paulagal99
12- @diformos99
Nota 1: os gañadores deberán acreditar que son abonados maiores de idade. Os acompañantes dos gañadores deberán ser maiores de 12 anos.
Nota 2: este concerto acústico é independente das actuacións no exterior de A Sede programadas a partir das 19:00 horas e abertas a todo o público.