Hemeroteca celtismo

Descontos especiais na tenda oficial polo Día do Pai

RC Celta

paideprimeira080316

 

O Celta celebra o Día do Pai con prezos especiais en varios produtos téxtiles para adultos, unha rebaixa acumulable ao 10% de desconto ao que dá dereito o carné de abonado.

Os afeccionados poden aproveitar a ocasión para adquirir a un prezo realmente atractivo a parka, o chubasquero, o chándal ou a primeira equipaxe completa, todos eles produtos oficiais do RC Celta fabricados por Adidas. Ademais, todas as compras realizadas na tenda celeste en Balaídos durante esta promoción recibirán de agasallo unha pulseira exclusiva con deseño conmemorativo do Día do Pai (até fin de existencias).

Esta campaña estará vixente desde o mércores 9 até o sábado 19 de marzo, tanto na tenda oficial do estadio (horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas de luns a sábado) como na web www.tiendacelta.com

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas