Hemeroteca celtismo

El club agradece á afección a súa fe e o seu apoio, decisivos para alcanzar o obxectivo

RC Celta

Grazas_afección.jpg

p>

Mensaxe do Real Club Celta aos afeccionados e abonados celestes

 

O Real Club Celta quere facer chegar o seu máis sincero agradecemento á afección celeste, en especial aos case 23.000 abonados que apoiaron ao club desde o comezo da campaña, posto que sen a súa fe e o seu entusiasmo non fose posible alcanzar o obxectivo final.

 

Foi un ano complicado, con momentos difíciles no que moitos afeccionados arroxarían a toalla, pero o celtismo madurou, cun comportamento exemplar. Nas situacións máis complicadas da tempada, a afección respondeu con fe, entrega e paixón e achandaron o camiño ao equipo.

 

O final do campionato non pode deparar alegrías para todos os equipos. Tres grandes conxuntos descenderon á Segunda División, unha circunstancia complicada e aciaga, difícil de dixerir. É por iso que o club desexa transmitir o seu apoio a estes clubs históricos e aos seus afeccionados, en especial aos miles de seguidores galegos que sufriron este revés, ademais de desexar o seu pronto regreso á Primeira División.

 

Tras moita tensión e sufrimento a familia celtista ao completo sae fortalecida. Co club na máxima categoría do fútbol español, unha afección de primeira e unha emerxente canteira pola que se aposta con decisión, o futuro do Real Club Celta preséntase máis esperanzador que nunca. Camiñando xuntos, como así foi esta tempada, o celtismo pode alcanzar o inalcanzable: #EuCreoNoCelta

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas