Hemeroteca celtismo

El Corte Inglés énchese de ilusión no encontro de Hugo Mallo, Charles e Santi Mina coa afección

RC Celta

firmaelcorteingles120814.jpg

O RC Celta e os grandes almacéns organizaron un acto que tivo unha asistencia multitudinaria

No seu esforzo por continuar estreitando o vínculo entre afeccionados e xogadores, o Real Club Celta organizou esta tarde xunto con El Corte Inglés un encontro entre tres futbolistas do primeiro equipo e centenares de celtistas. Hugo Mallo, Charles e Santi Mina, protagonistas do anuncio dos novos equipamentos oficiais rodado nas Illas Cíes, atenderon aos seguidores que se achegaron á planta sexta dos grandes almacéns en Vigo.

 

O acto foi todo un éxito, non só pola extraordinaria asistencia, senón pola ilusión tanxible nos rostros dos afeccionados. Os xogadores asinaron autógrafos e mostráronse en todo momento moi próximos cos seguidores célticos.

 

O club continuará levando a cabo iniciativas deste tipo, que nesta ocasión e como en anteriores anos contou coa inestimable colaboración de El Corte Inglés.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas