O RC Celta continúa buscando solucións para liquidar o mal estado do céspede do estadio de Abanca Balaídos, que esta tempada foi substituído xa en tres ocasiones. Este luns comezaron as tarefas de implantación dun novo céspede, neste caso natural, procedente de Comporta (Portugal).
Con este cambio preténdese dar unha solución definitiva ata final de tempada. A colocación do novo céspede concluirá a principios da próxima semana e estará en perfectas condicións para o encontro do 17 de febreiro fronte ao FC Barcelona.