O RC Celta reafirma o seu compromiso coas penas celtistas, piares fundamentais do club, acompañando á Peña Celtista O Milladoiro na súa XX aniversario, celebrado o martes 20 de maio na Asociación Cultural A Mámoa de Luou, en Teo, A Coruña.
Borja Iglesias, do primeiro equipo; María Nogueira, de As Celtas; e Óscar Marcos, do Celta Fortuna, participaron no acto compartindo unha tarde inesquecible cos peñistas. Firmas, fotografías e palabras de agradecemento marcaron unha xornada chea de emoción e celtismo.
Unha celebración merecida para unha pena que leva dúas décadas apoiando incondicionalmente ao RC Celta.
Parabéns, Peña Celtista O Milladoiro!