O RC Celta continúa co seu crecemento en estratexia dixital alcanzando o millón de seguidores na rede social TikTok, histórica cifra que consolida os máis de 3 millóns de celtistas que seguen ao club no total das súas redes sociais.
A conta celtista en TikTok foi creada en xullo do ano 2020 e desde entón non parou de crecer mensualmente mostrando unha visión máis desenfadada sobre o club e a súa contorna.
Este millón de seguidores en TikTok únese aos datos consolidados e verificados por Blinkfire -plataforma de medición de uso da LaLiga Santander- noutras redes sociais celtistas como Instagram, Twitter, Facebook, Youtube ou a máis recente Snapchat.