16-9 (1)
Novas destacadas

O Salón Regio de A Sede acolle o primeiro Concerto de Nadal do Coro Concepción Arenal

RC Celta

Este domingo, 21 de decembro ás 12:00 horas, o salón Regio de A Sede acollerá o primeiro concerto de Nadal da Coral Concepción Arenal, pertencente á Fundación Coral Casablanca.

Creado en marzo de 2023, o Coro Concepción Arenal dá inicio desta maneira ao Nadal cun evento que non podía ter mellor escenario que o Salón Regio de A Sede, un dos espazos con maior carga histórica da cidade inaugurado en 1927 polo Rey Alfonso XIII.

O Celta convida a toda a súa afección a gozar dunha mañá única e especial onde a cultura e o talento local danse da man para manter viva unha das tradicións máis arraigadas da nosa identidade. Todos os celtistas que desexen asistir a este concerto poderán retirar a súa entrada de forma gratuíta na recepción de A Sede. O aforo é limitado a 200 persoas, polo que se recomenda recoller as invitacións con antelación.

Esperámosvos a todos para iniciar xuntos estas festas!

RC Celta

Etiquetas

Novas destacadas

Noticias recomendadas