ESCUDO-1300x400-02
Centenario

O RC Celta crea a figura do ‘Embaixador do Centenario’ con Eusebio Sacristán como primeiro protagonista

RC Celta

O RC Celta renderá este ano unha homenaxe a adestradores, xogadores que defenderon con decoro e orgullo a camiseta celeste e personalidades de distintos ámbitos que contribuíron a potenciar a difusión dos valores que identifican o club. Para recoñecer a súa achega e enxalzar o seu legado, o RC Celta crea a figura do Embaixador do Centenario, cuxo primeiro nome propio é sen dúbida moi especial para o celtismo: Eusebio Sacristán.

O valisoletano disputou máis de setenta partidos como xogador do RC Celta, ao que regresou posteriormente, entre 2008 e 2010, como adestrador nunha etapa inesquecible. Eusebio fixo súa como ninguén a filosofía do club de apostar de maneira firme e decidida pola canteira e na súa etapa no banco celeste ofreceulle a camiseta do primeiro equipo a xogadores como Túñez, Álex López, Yoel, Toni e Hugo Mallo. Quedará ademais para sempre no recordo do celtismo o protagonismo de Iago Aspas no partido ante o Alavés que afastou ao RC Celta do descenso a Segunda B. Eusebio apostou polo canteirán nun momento especialmente complicado e o de Moaña anotou os dous goles celestes naquela transcendental vitoria.

Eusebio recibirá esta distinción creada con motivo do Centenario do club e realizará o saque de honra o domingo 26 de febreiro no partido fronte ao equipo da súa terra, o Real Valladolid.

Este é só o primeiro dos Embaixadores do Centenario que se nomearán ao longo do ano para rememorar os 100 anos de afouteza e corazón e recoñecer a súa paixón, compromiso e respecto polo escudo celeste.

RC Celta

Etiquetas

Centenario

Noticias recomendadas