Hemeroteca club

Emotivo recoñecemento do Real Club Celta a Muñoz Codina

RC Celta

insignia_muñoz_codina_web_12614.jpg

p>

Carlos Mouriño entregoulle a insignia de ouro e brillantes do club e unha camiseta co seu nome

 

O Hotel Pazo Los Escudos foi o escenario dun emotivo acto de recoñecemento por parte do Real Club Celta ao director da factoría de PSA Peugeot Citroën en Vigo, Juan Antonio Muñoz Codina, quen pasa a ocupar a dirección de coordinación de operacións industriais do grupo para Europa en París.

 

O presidente do celeste, Carlos Mouriño, entregoulle a Muñoz Codina a insignia de ouro e brillantes do club e unha camiseta co seu nome no transcurso dun acto ao que asistiron os integrantes do consello de administración da entidade celeste.

 

Mouriño expresoulle a Muñoz Codina o seu máis sincero agradecimiento pola gran colaboración e apoio que ofreceu ao club durante a súa etapa á fronte da factoría viguesa e deséxolle un gran éxito na súa nova etapa no grupo automovilístico. 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas