O director da Clínica RC Celta e xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, mantivo nas instalacións da Madroa xunto co equipo médico celeste un encontro de traballo co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa. García Cota é ademais vocal na Comisión Galega de Control e Prevención da Dopaxe polo seu recoñecido prestixio nos ámbitos científico-técnico, deportivo, médico e xurídico
Na reunión, ambas institucións avanzaron na posibilidade de establecer novas vías de colaboración para a seguridade do deportista no ámbito médico e novos proxectos de mellora do deporte galego neste ámbito.