O RC Celta enriquecerá o seu museo cunha peza de gran valor histórico e sentimental, que honra a figura dun celtista inesquecible, Cesáeo González, presidente de honra do club polo seu inesgotable apoio á entidade. A placa, do ano 1945, chega a Vigo grazas a Enrique Cerezo, presidente do Atlético de Madrid, quen lle fixo entrega desta valiosa peza a Carlos Mouriño.
O RC Celta quere expresarlle o seu máis sincero agradecemento a Enrique Cerezo pola entrega desta placa que o club lle dedicou a Cesáreo González, quen fose presidente da entidade, “como testemuño de gratitude e agarimo polas súas continuas probas de amor ao club e polo seu incondicional apoio cara ao ‘Celtiña’ dos seus amores”.