
A UEFA Europa League volverá a Abanca Balaídos para unha cita moi especial. O vindeiro xoves 26 de novembro, ás 18:45 horas, o Celta recibirá o AFC Bournemouth na xornada 5 da fase de liga, nun encontro que será a terceira noite continental da tempada, e a última de 2026, na casa. Unha nova oportunidade para que o celtismo goce dunha competición que sempre se vive dun xeito diferente e acompañe o equipo nunha gran noite de fútbol.
As localidades xa están dispoñibles no Portal do Celtista, cun prazo exclusivo de 24 horas para Carné Celtista, que poderán adquirilas por 25 euros. Unha vez rematado este período, a venda abrirase ao público xeral a través da web oficial do club e das billeteiras do estadio, cun 30 % de desconto para as persoas titulares do Carné Celtista.
Será a última oportunidade deste ano para escoitar o himno da Europa League no templo celeste e empurrar xuntos o equipo. Un último capítulo europeo de 2026 na casa que merece unha bancada á altura.
Agardámosvos, celtistas!