20240505_PartidoAdri_RCCELTAvsVILLARREAL_Aficion-6
Celtismo

Á venta as entradas do Celta Fortuna – Barcelona Atlètic

RC Celta

Xa están á venda as entradas para o partido correspondente a a Xornada 38 de Primeira Federación, que enfrontará o Celta Fortuna e FC Barcelona Atlètic. Se queres vir animar ao filial celeste a Abanca Balaídos o vindeiro sábado 25 de maio ás 19:00 horas, no último partido da tempada, podes adquirir AQUÍ a túa entrada vía en liña ou de forma presencial nos despachos de billetes do estadio desde unha hora antes do inicio do partido (18:00 horas). O custo das mesmas será de 15 euros para adultos e 10 euros para SUB25. O abonado poderá acceder co seu carné.

Vémonos, afección!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas