20250420_FORTUNAvsTARAZONA_XOAN_equipo113
Celtismo

Ven a gozar do último partido do Celta Fortuna en Abanca Balaídos!

RC Celta

O vindeiro sábado 17 de maio ás 19:00h, o Celta Fortuna recibe ao Bilbao Athletic no partido correspondente á Xornada 37 de Primeira Federación versus e-Learning. Para este último duelo do curso en casa, as entradas xa están á venda a un prezo único de 15 euros. Podes adquirir a túa tanto na web oficial, picando AQUÍ, como a través da App do RC Celta, para unha experiencia máis cómoda e próxima.

Lembramos que o acceso é gratuíto para todos aqueles afeccionados que dispoñan de Carné Celtista en calquera das súas modalidades (Celtista, As Celtas, Colaborador ou Abonado).

O club ve este encontro como unha oportunidade de gozar xuntos do último baile do filial en Abanca Balaídos, e celebrar esa, recentemente conseguida, permanencia en Primeira Federación.

Imos a por este último no fortín celeste, XUNTOS!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas